viernes, marzo 23, 2007
Animalia
Hoxe recibimos boas novas dende o centro de "El Acebuche" en Doñana, onde unha femia de Lince Ibérico chamada Saliega (Lynx pardinus) pariu esta mañanciña 2 fermosos e sans cachorros, xusto un día despois de que outra lince , Aura, parise outras 3 crías, dentro do programa de cría en cautividade impulsado pola Consejería de Medio Ambiente e o Ministerio, como apoio á conservación desta especie en serio perigo de extinción.
Saliega tivo, con estes dous, sete cachorros, xa que no 2005 alumou a Brezo, Brisa e Brezina (os 3 da foto superior), aínda que o día 11 de maio do 2005, morreu Brezina nunha liorta cun dos seus irmáns, Brezo. ¡Unha mágoa!. Seguramente xogando apretaría demais. E o ano pasado, pariu a Castañuela e Camarina.
Os linces que nacen en cautividade póñenselle nomes de prantas seguindo o abecedario. Así no 2004 a letra A (Adelfa, alhucemas...) e os do 2005 a B (Brezo, Brisa, Boj...)
Mais a pesares do mérito que ten a cría en cautividade deste felino, e por moito que este tipo de programas traballen a prol da reintroducción da especie no seu entorno orixinal, opinamos que é a destrucción do hábitat o que está a extinguir de maneira case irreversible a esta, e outras moitas especies. E debería ser precisamente en ese punto, no que incidisen os programas de conservación de especies. Para que vos fagades unha idea, un só exemplar de lince precisa de alomenos unha extensión territorial de 10 km2 ou mais. Por non falar de outros grandes mamíferos. Por exemplo, os osos. Un macho adulto radiomarcado no actual Parque Rexional de Riaño moveuse durante catro anos por unha extensión de 2.447 km2. Así que, visto o panorama, mal futuro lle adeviño a estas e a outras especies. E sabedes o porqué?, pois porque a situación é irreversible. Así de claro. Non nos engañemos e a poder ser, que non nos engañen. Esta é a realidade. Guste ou non.
Mais o planeta atopará solucións, sendo a nosa desaparición unha das mais probables. Que así sexa!! Ata entón desfrutade.
E falando de animais en perigo de extinción, veño de ver unhas imaxes do ex presidente Aznar dende o gran premio de Australia de F-1, gravadas da emisión en directo da canle inglesa ITV que en U.K ten adquiridos os dereitos do evento, nas que unha vez mais a súa imaxe queda bastante dañada. Nelas, o presentador sabe que ten que entrevistalo pero non o recoñece. Vaia, que lle din que lle pregunte algo e non sabe quen carallo é.
Pero José Mari xa vos ten experiencia nesto. Non podo mais que lembrarme dunhas imaxes que quedarán para sempre gravadas na miña retina.¿Lembrades?
Vexo que o Sr. Aznar sigue percorrendo mundo na percura de armas de destrucción masiva. Él sabe que as deixou nalgures, pero non acaba de lembrarse onde. Incluso chegáronnos rumores de que o propio Aznar en persoa ataviado cos atuendos própios da rexión andivo buscando as armas.
¿Como que non mo creedes?. Ollade, ollade:
Polo visto, Aznar segue vivo. Nós tamén. ¡Sorte que temos!
Pena non poder deci-lo mesmo de case 600.000 seres humanos en Irak.
Mr Danger, Josi Mari, Blair. Sodes unhos putos asasinos. A historia Xulgará!
martes, marzo 20, 2007
É de ben nacidos
É de ben nacidos recomendar o que che recomendan. Por iso, hoxe adentrámonos no Blogocornio para dar cabida a varias propostas que por distintas canles foron chegando a este voso blog.
Ó fio das entradas que fixen ó longo dos últimos dias, e falando con "Encarna de Minchi" (gran compañeiro das noites) a través do mesenlleiro, pasoume un link a un video que eu xa coñecía, pero que tamén quere compartir con todos e todas. Nel móstrase a perspectiva que dende E.E.U.U se ten do resto do mundo. Está en Inglés e é un pouco longo, mais con ver o primeiro minuto, xa podedes intui-lo final.
Pola súa parte, Charly non quere deixar pasar a oportunidade de recomendarnos, xa que falamos deles, que visitemos a páxina da productora de Thievery Corporation, eslmusic, así coma a páxina web do fotógrafo bonaerense Daniel Cima, que tamén colabora co grupo.
Éncheme de satisfacción que dende a cidade Olívica, ainda que con parada e fonda no barrio do Vinteún, en Ourense, Chorima-Eli nos faga chegar unha proposta musical, que agardemos non sexa a derradeira.
Transportémonos pois con ela a Manchester, Inglaterra, con todo un clásico; "The Smiths", "please, please, please, let me get what i want!" Interesante proposta, mais un pouco triste, ainda que estou seguro que leva implícito un mensaxe positivo. Ou eso espero!.
E de novo dende Visantoña, David Grandu, por medio dun correo eléctronico, proponnos unha boa alternativa para non deixar descansar á muliña. Jorge Pardo e Carles Benavent, disco "Los 10 de Paco". Proposta que eu, por xentileza de Nino, fago extensiva a Gerardo Núñez. Flamenco moderno, progresivo e fusionero a un nivel case nunca visto.
De igual xeito, tamén podedes agradecer a David, que esta sección non se chame amigalia, propostalia ou calquera das súas variantes.
Que ganas de playita y chiringuito.
E tamén Txini dende Melide, que segue coa revolución silenciosa, achéganos a sua preocupación polo que se está a cocer coa nova reforma da lei de propiedade intelectual, coa que se pretende impoñer un novo cánon que alcanzaría a tódolos soportes dixitais. Dito canon, dispararía os precios dos productos electrónicos un 25% como media, poidendo chegar ata un 80%. Txini está facendo circular un correo no que podedes asinar nun escrito, para tratar de frenar o que parece que xa é mais que inminente novo canon.
Gracias a todos polas vosas ideas, opinións e propostas, que son, e serán sempre, benvidas coma bon parásito que son.
Vivitos e coleando seguimos. "Que la suerte te acompañe".
Ata pronto. BICOS
lunes, marzo 19, 2007
FestivaLia
Hoxe inauguramos en Liadia unha nova e interesante sección chamada Festivalia. Nela atoparedes enlaces e información sobre os festivais que coñecemos e recomendamos. Uns mais que outros!!. En todo caso, queda aberta tanto a sección comentarios como o meu propio enderezo electrónico, para recibi-las vosas opinións, inclusións doutros festivais que non aparecen na lista, ou incluso a eliminación dalgún que non pague a pena visitar, e que sí está na lista. O Blog é voso xentalla, así que xa sabedes.
E xa levaba eu varios días tentando rematar esta entrada, porque o vindeiro mes de Abril vaise celebrar (dias 27,28 e 29) o afamado festival de Arte-Nativo VIÑAROCK, que este ano, por vez primeira na súa historia desplaza os seus bártulos á localidade Castellonense de Benicássim, que conta cun dos mellores recintos para este tipo de actos de todo o estado español. Dende Liadia, contaremos cun enviado especial que nos manterá ó dia de todo o que aconteza. É decir, que alí estarei Eu.
Os organizadores do ViñaRock, Produccións Matarile, levan anos pedíndolle ás institucións oficiais e en concreto á coorporación municipal de Villarobledo, melloras nos accesos e nas instalacións do recinto habitual. Ditas demandas nunca chegaron a bon porto, polo que Matarile decidiu o cambio de ubicación ainda a risco de perder en aforo (a última edición xuntou a mais de 75.000 almas e en Benicássim difícilmente se superarán as 50.000), mais apostando claramente pola mellora na calidade dos servicios. Esperemos que así sexa e que non lles salga o tiro pola culata como lles pasou ós organizadores de Festimad na edición do 2005. ¿Lembrades?
Do cartel do Viña deste ano, decir que se confirma a tendencia por parte dos organizadores, da diversificación de estilos musicais. Nótase unha, cada vez mais influinte, tendencia Hip-Hopeira, en detrimento de mais bandas de heavy. Mais seguen a estar presentes grandes bandas de onte, de hoxe e de sempre, do panorama Heavy-Rock nacional.
Pola miña parte destacaría a presencia de artistas e bandas coma; Arianna Puello, Boikot, Fermín Muguruza, S.A, Frank T, Ill Niño, J mayúscula, La Mala, Ojos de Brujo, Ratos de Porao, SoulFly, Rosendo, Skizoo, Todos tus muertos, Potato e moitos mais.
Mais a maior sorpresa de todas viría da man dun dos, na miña opinión, grandes do panorama mundial. Xa non coma artista, que tamén, se non coma persoa. Matarile confirmou o Venres pasado, para maior felicidade do que escribe, a presencia nesta edición, en concreto a noite do Venres, do grande MANU CHAO. Virá acompañado, según contan os organizadores logo dun gran palizón de kilómetros, con toda a súa tropa radiobemba. Impresionante Novidade, que non fai mais que confirmar que efectivamente, o Viña Rock é un dos grandes festivais hoxe por hoxe do panorama nacional.
Esperemos chegar vivos á data en cuestión. Polo de agora aquí seguimos. "May the Force be with you..". Ata Pronto. Saudos a tod@s.
miércoles, marzo 14, 2007
Garea´s Corporation
Dende Visantoña, Santiso, terra de grandes músicos como saberedes, e a través do mesenlleiro, recibín unha nota de David "Grandu", gran músico, como non podía ser de outro xeito, e que últimamente anda metido no proxecto "Freaknosis", do que agardamos recibir algún tipo de material multimedia, para compartilo con todos e todas.
Pois ben, David, entre outras cousas, agradecía no seu correo-nota a inclusión neste blog, no seu apartado Musicalia, do grupo Thievery Corporation. Unha vez mais, coincidimos David e Eu á hora de abrirnos de orellas. David tamén se lamentaba da pouca acollida que ten esta banda na nosa comarca. Por iso dende aquí vémonos na obriga moral de facer unha recomendación musical e animarvos a que desfrutedes deste magnífico grupo de músicos.
Thievery Corporation é un dúo de DJs e productores musicais da cidade de Washington, Estados Unidos. Está integrado por Rob Garza e Eric Hilton. A súa música é única, mais poderíase encuadrar (malditas etiquetas) dentro do estilo de música electrónica denominado downtempo, con influencias do dub, o acid jazz, a música da India e de Brasil, nunha fusión combinada cunha estética lounge.
As letras de Thievery Corporation están claramente influenciadas por algúns dos últimos sucesos políticos de notoriedade, mostrando a oposición que manteñen ás políticas da administración Bush. En setembro de 2005, participaron no concerto da "Operación Alto al fuego" (Operation Ceasefire), co obxetivo de dete-la guerra de Mr.Danger en Irak.
Teñen 4 discos editados, todos eles maravillosos, e mais de 15 EP´s. Tamén podédelos escoitar en moitos discos compilatorios e nas Bandas sonoras de Vanilla Sky e Garden State entre outros.
Sirva esta entrada para lembrar que en E.E.U.U haí moitísima xente que non se queda calada, e que está a sufrir como o resto do mundo as consecuencias do seu modelo político e social. Xente que loita a diario por intentar cambia-las cousas a risco de seren boikoteados ou amenazados.
Pero en xeral......Que xentiña....Vaia pola Virxen Do Carme!!!
Se tedes un minuto ollade no seguinte enlace o que podería ser unha boa presentación desta banda.
Se o corpo vos pide mais..pincha aquí!
Se xa non podes parar pincha aquí!
E Agora que falo de Thievery corporation, non podo mais que lembrarme de como chegou o primeiro disco desta banda as nosas mans. Foi o album "The Richest Man in Babylon" terceiro dos seus 4 discos, editado no 2002 e que meu primo Charly, facendo alarde da súa preparación a nivel musical, tivo a ben deixarme dentro dun lote doutros 15 Cds (Doors, Black Sabath, G&R, Monxes Benedictinos, Hendrix y otros grandes éxitos..) no Nadal de 2002. Charly daríanos de novo a todos outra lección, nun viaxe familiar a E.E.U.U no nadal de 2004, encargándose da selección musical nas longas horas de coche que percorrimos cruzando varios estados.
Mais o simpático desta historia foi o como chegou as mans de Charly dito CD. A súa nai viaxa a miudo a estados unidos, xa que é orixinalmente de aló e ainda ten a súa nai e unha irmá vivindo en Atlanta. Cada vez que vai, Charly encárgalle música a miña tia, que é mais boa que o pan e sempre se anda preocupando de tódolos encargos. Mais tamén hai que decir dela que é un pouco despistada. Neste caso, Charly encargáralle un disco de Richie Hawtin, e ela apareceulle co "The richest man in Babylon", polo que podedes imaxinar cal foi a cara de Charly cando llo deu toda contenta por ter cumplido coa misión.
Mira ti por donde, o disco resultou ser impresionante e o propio Charly recoñece ser, musicalmente, un dos mellores da súa colección. Así que xa se sabe. Nesta vida, cando está pra un, está pra un.. e ó carallo¡
E é que con Charly and Garea´s, as cousas son así, sabemos como se empeza, mais nunca sabemos como remata. Bueno, as veces, cando nos xuntamos, predecímolo!
Que siga la fiesta, seguimos vivos. Bicos a tod@s e ós Gareas DOBLE ración!!
Pois ben, David, entre outras cousas, agradecía no seu correo-nota a inclusión neste blog, no seu apartado Musicalia, do grupo Thievery Corporation. Unha vez mais, coincidimos David e Eu á hora de abrirnos de orellas. David tamén se lamentaba da pouca acollida que ten esta banda na nosa comarca. Por iso dende aquí vémonos na obriga moral de facer unha recomendación musical e animarvos a que desfrutedes deste magnífico grupo de músicos.
Thievery Corporation é un dúo de DJs e productores musicais da cidade de Washington, Estados Unidos. Está integrado por Rob Garza e Eric Hilton. A súa música é única, mais poderíase encuadrar (malditas etiquetas) dentro do estilo de música electrónica denominado downtempo, con influencias do dub, o acid jazz, a música da India e de Brasil, nunha fusión combinada cunha estética lounge.
As letras de Thievery Corporation están claramente influenciadas por algúns dos últimos sucesos políticos de notoriedade, mostrando a oposición que manteñen ás políticas da administración Bush. En setembro de 2005, participaron no concerto da "Operación Alto al fuego" (Operation Ceasefire), co obxetivo de dete-la guerra de Mr.Danger en Irak.
Teñen 4 discos editados, todos eles maravillosos, e mais de 15 EP´s. Tamén podédelos escoitar en moitos discos compilatorios e nas Bandas sonoras de Vanilla Sky e Garden State entre outros.
Sirva esta entrada para lembrar que en E.E.U.U haí moitísima xente que non se queda calada, e que está a sufrir como o resto do mundo as consecuencias do seu modelo político e social. Xente que loita a diario por intentar cambia-las cousas a risco de seren boikoteados ou amenazados.
Pero en xeral......Que xentiña....Vaia pola Virxen Do Carme!!!
Se tedes un minuto ollade no seguinte enlace o que podería ser unha boa presentación desta banda.
Se o corpo vos pide mais..pincha aquí!
Se xa non podes parar pincha aquí!
E Agora que falo de Thievery corporation, non podo mais que lembrarme de como chegou o primeiro disco desta banda as nosas mans. Foi o album "The Richest Man in Babylon" terceiro dos seus 4 discos, editado no 2002 e que meu primo Charly, facendo alarde da súa preparación a nivel musical, tivo a ben deixarme dentro dun lote doutros 15 Cds (Doors, Black Sabath, G&R, Monxes Benedictinos, Hendrix y otros grandes éxitos..) no Nadal de 2002. Charly daríanos de novo a todos outra lección, nun viaxe familiar a E.E.U.U no nadal de 2004, encargándose da selección musical nas longas horas de coche que percorrimos cruzando varios estados.
Mais o simpático desta historia foi o como chegou as mans de Charly dito CD. A súa nai viaxa a miudo a estados unidos, xa que é orixinalmente de aló e ainda ten a súa nai e unha irmá vivindo en Atlanta. Cada vez que vai, Charly encárgalle música a miña tia, que é mais boa que o pan e sempre se anda preocupando de tódolos encargos. Mais tamén hai que decir dela que é un pouco despistada. Neste caso, Charly encargáralle un disco de Richie Hawtin, e ela apareceulle co "The richest man in Babylon", polo que podedes imaxinar cal foi a cara de Charly cando llo deu toda contenta por ter cumplido coa misión.
Mira ti por donde, o disco resultou ser impresionante e o propio Charly recoñece ser, musicalmente, un dos mellores da súa colección. Así que xa se sabe. Nesta vida, cando está pra un, está pra un.. e ó carallo¡
E é que con Charly and Garea´s, as cousas son así, sabemos como se empeza, mais nunca sabemos como remata. Bueno, as veces, cando nos xuntamos, predecímolo!
Que siga la fiesta, seguimos vivos. Bicos a tod@s e ós Gareas DOBLE ración!!
lunes, marzo 12, 2007
ConEXXiON
Recibín un correo moi cariñoso de Patricia do forno, dende A Coruña, felicitándome polo blog e suxerindo algunhas ideas sobre todo no apartado fotográfico, que segundo confesa, é un dos seus favoritos. Estou agardando ansioso unhas fotos que me quere mandar para seren publicadas. Patri tamén me suxire, e eu fago extensiva a tod@s a suxerencia, que visitemos a páxina web frenaelcambioclimático.org.
A Páxina non está mal, sobre todo a sección Blog , onde se poden consultar proxectos e informes bastante obxetivos. Haí algún que che pon os pelos coma escarpias.
Por poñer un exemplo, falemos da compañía Exxon, que é a primeira potencia petroleira mundial. As súas emisións anuais de CO2 superan a Gigatonelada. Esta cifra só é superada por 5 países; E.E.U.U, Xapón, China, Rusia e a India.
Pois ben, a U.C.S (Union of Concerned Scientists), acusa a Exxon de gastarse 12,5 millones de euros entre 1998 y 2005 para orquestrar unha campaña de desinformación destinada a poñer en duda a existencia real do cambio climático e, sobre todo, a responsabilidade da acción humana no mesmo.
Seguro que tod@s escoitastes nalgures a hipótese de que o cambio climático que está a sufrir o planeta terra é puramente cíclico. Dádeme a min 13 millóns de euros e de seguro que convenzo a medio mundo de que o cambio climático é culpa das empresas que diseñan os termómetros por teren mal calibradas as escalas nos aparatos.
A petroleira creou unha rede de 43 organizacions e expertos no tema para tratar de crear incertidume e que Estados Unidos evitara os plans de reducción de emisións de CO2. Unha campaña parecida a que durante mais de 40 anos emplearon as empresas de tabaco para nega-los verdadeiros efectos nocivos da nicotina.
Mais ¿que se pode esperar dunha sociedade na que os que toman as decisións mais importantes PARA TODOS, teñen intereses particulares nas grandes empresas?. Porque, ¿Que apelidos creedes que aparecen nos consellos de administración das grandes empresas do petróleo en E.E.U.U incluída Exxon?. Eu volo direi: Cheney, Powell, Rice e coma non podía ser de outro xeito a Familia Bush, entre outros moitos.
E o que mais toca os collós de toda esta historia, é que logo veñan os políticos, institucións oficiais, e ministerios de turno que baixan os pantalóns e poñen o cu en canto teñen ocasión, a decirnos a NÓS, grandes e verdadeiras testemuñas de toda esta farsa, que non deixemo-la televisión en Stand By ou que vaiamos ó choio en Bicicleta, (ambas cousas, por certo, que eu cumpro). Sabede-lo que mais?? IDE RAÑA-LO CARALLO¡¡¡
You think twice!!..Ollade e escoitade.
Música, Tema: Crazy by Gnarls Barkley.
E falando da cultura e do sistema norteamericano, vénseme á cabeza o noso compañeiro Josiño de Iglesias, que coma vos contaba en anteriores entradas, presentábase a examen do First Certificate en Lugo o pasado Sábado. Ainda non din averiguado que tal lle foi coa proba. Informareivos ou se cadra Él mesmo, en breve.
Eu, no meu aprendizaxe da lingua Shakesperiana, teño que dicir que estou recurrindo a novos métodos. Logo de deixar de lado o sistema do "Profesor Maurer" de "hable Inglés en mil palabras", (O meu problema e que ó pasar de 50 quedo sin espazo no disco duro) estou estudando novas canles de aprendizaxe en formato mais comprimido (Aprenda Inglés en 3 palabras). Dende venezuela chega este novo método.Ollade:
Se sigue por este liña non sei canto lle quedará de vida o Señor Chávez(pode ser que teña un desgraciado accidente de helicóptero, un extraño virus ou unha simple caída na ducha.....vai ti a saber), que xa se sabe como as argalla o poder. Mais Nós seguiremos celebrando cada día. Seguimos Vivos. Que sorte. Bola extra¡¡
Un bicazo compañeir@s e perdonádeme por este post tan realista.
viernes, marzo 09, 2007
Gal- Ego
Outro ano mais, e xa van 20, a revista Forbes ven de publicar a súa afamada e insultante lista das maiores fortunas do mundo, que unha edición mais (con case 50.000 millóns de euros) segue a ser encabezada polo Señor Bill Gates. Mais a novidade deste ano, é a incorporación, por primeira vez na historia desta lista, dun galego no ranking das 10 primeiras fortunas do saqueado planeta terra. Concretamente, e no número 8 da lista, aparece o Señor Amancio Ortega, cunha fortuna que rondaría os 20.000 millóns de euros. O señor Ortega, pasa de estar no número 23 da lista na pasada edición, ó número 8 na deste ano. O propio Steve Forbes, destacou o ascenso deste home na presentación deste famoso ranking onte en New York.
E agora, pechade os ollos por un intre, e pensade que fariades con 20.000 millóns de euros.
A min a bote pronto, ocúrreseme o seguinte cálculo. Galicia ronda os 2.700.000 habitantes, entre 20.000 millóns = 7407 euros por Galeg@. A vós non sei, pero a min pra ir tirando unha temporadiña viríanme de perlas. Que opinades?.
De Don Amancio, decir que ten o gran mérito de ter empezado a súa andaina millonaria dende a humildade nun pequeno taller de costura da Coruña, e nunca quixo ter mais protagonismo que o estrictamente necesario. Polo que dende Liadia, non podemos mais que felicitalo e respetalo. Mais os seus balances de beneficios empezan a ser mareantes, e non sei ata que punto se pode ter a conciencia tranquila o iren pro berce cada noite, sabendo que nas túas mans poderías te-la chave para cambiar moitas cousas. Porque:
..................OUTRO MUNDO É POSIBLE.........
Un que si me fai sentir verdadeiramente orgulloso, e cuia fortuna nunca estará na lista Forbes, é un veciño de Castroverde (Lugo) chamado Jesús García Juanes, que pretende bati-lo récord de travesía polar en bicicleta para chama-la atención sobre o problema do cambio climático.
Este aventureiro lucense, cun currículo impresionante, escomenzou o mércores pasado na costa oeste de Finlandia a súa andaina polar cun día de retraso por culpa de Iberia que lle extraviou a súa bici en Barajas.
Pretende percorrer a frioleira, nunca mellor dito, duns 1000 Km ata o próximo 21 de Marzo. O que supón unha media de mais de 70 Km ó dia. Terá que ser así se quere supera-lo record que ostenta Ramón Larramendi. Até entón terá que durmir á intemperie, cun simple saco, resistindo probables temperaturas de ate 20 grados baixo cero. Non leva ningún equipo de apoio, polo que os víveres terán que ser transportados por el mesmo. De igual xeito permanecerá prácticamente incomunicado por levar tan só un teléfono via satélite cunha soa carga de batería.
MOITA SORTE Jesús e gracias por aportar o teu graniño de area unha vez mais.
E falando de Lugo, xa por último decirvos que outro do que me sinto orgulloso, é Josiño, que mañán Sábado se presenta ó examen do "Cambridge First Certificate in English" na cidade das murallas. Dende Liadia nada mais que desexarlle toda a sorte do mundo e agardemos que non che toque un examen de Ingles tan dificil como este, extraído da película "Amanece que no es poco" do director José Luis Cuerda.
Esperemos que Jesús siga vivo. Nos ainda o estamos. Continuamos de sorte. BICOS XENTE
miércoles, marzo 07, 2007
De Victorias e Folgueiras
É coñecida por moitos de vós, a miña escasa formación no que respecta ó mundo da televisión, sobre todo á parrilla actúal, xa non por falta de interese, que tamén, se non por mero divorcio territorial. Mais aquí, na nosa casa de Bath, estamos abonados ó famoso sistema dixital SKY, que teño que recoñecer que non está mal e que é de moita utilidade para aprende-lo idioma. Pero a través da SKY, tamén se sintoniza a canle de TVE internacional, da que hai que decir que ten moitas cousas interesantes (Redes, 59 segundos, el escarabajo verde, DKalle, concertos Radio3) mais tamén emite, no meu entender, moitas horas de televisión Abuela Maruja (Cine de Barrio, Amar en tiempos de Franco, Tendido cero, Frijolita). Por non falar, claro está, da crema esa de Baba de Caracol, da que emiten unha promoción que dura unha eternidade, repetindo os beneficios da aplicación da citada sustancia via tópica, gracias a un presunto milagreiro compoñente chamado Alantoína.
Pero últimamente tenme enganchado ese gran programa cultural que emite TVE2 dende fai 10 anos chamado Saber y Ganar. Nel está a participar unha Coruñesa chamada Victoria Folgueira, que resulta ser unha das magníficas deste ano e incluso da historia do programa. Unha auténtica fiera. Invencible. Unha mostra do mellorciño da nosa terra e as nosas xentes. Victoria, que é historiadora e arqueóloga, leva participado ata a data nunhas cincuenta edicións do programa. En todas estas ten amosado unha erudición e unha cultura xeral fóra do común.
De seguro que moitos de vós xa a coñecedes, posto que este mítico programa é dos líderes de audiencia en TVE2.
En Homenaxe a Victoria e pra os que non a viran nunca...Ollade:
E coma non podía ser de outro xeito, cada vez que o Señor Jordi Hurtado pronuncia o apelido Folgueira, non podo mais que lembrarme de Miguel Folgueira, que penso que non ten relación directa con ela, mais nunca se sabe.
Miguel, ademais de seren gran profesional e un dos mellores músicos baterías de toda a comarca "Santiago, Meseta-interior", é amigo, que nos tempos que corren, non é pouco. Con él pasei moitos momentos bos, pero tamén algún momento malo, os menos, por sorte!!...Mais el, sempre estivo ahí en ambos.
É adicto á música e sempre anda metido en diferentes proxectos musicais, sendo un dos mais coñecidos a súa andaina en Mestizaxe con Toxo and company.
Últimamente, se as cousas non cambiaron, está comprometido no Proxecto ITH, que está a ter unha resposta por parte de público e crítica mais que boa, chegando incluso a gravar nun estudio algúns temas que xa foron emitidos por diferentes emisoras de radio. Aquí vos queda un deses temas (Depresión) que podedes descargar por xentileza de RIKI na sua páxina de descargas.
Boas novas. Seguimos vivos. Desfrutade da música e da vida. BICOS
Se non vos arrinca o audio, tentádeo aquí.
lunes, marzo 05, 2007
R.U.H. Crónica negra
Hai un rapaz que traballa no mesmo hospital que eu, que se chama John Bolton, pero que por respeto a súa persoa e por mantelo no anonimato, ímoslle chamar John Boy, que é como lle chama todo o mundo. John Traballa no turno de noite en quirófanos, coma un dos responsables de materiais, así coma do traslado de pacientes as plantas logo das intervencións cirúrxicas, entre outras cousas.
E levaba eu xa tempo sen ver a John.. cousa que me extrañou, xa que coincidiamos moitas veces en quirófanos traballando eu de 6 da tarde a 12 da noite, e decidín indagar que lle pasara. E o que busca sempre atopa e me enterei, por medio dunha enfermeira alemana, que Jonh estaba suspendido de emprego e soldo.
E ¿Porqué?, preguntarédesvos. Pois porque John decidíu, xunto con 2 compinches mais, convertir un aburrido turno nunha noite amena, agradable e divertida, facendo acopio de material de quirófano; unha bombona de Óxido nitroso, mascarilla e bombona de oxíxeno.
O óxido nitroso , tamén coñecido coma "gas da risa", foi descuberto e aplicado na ciruxía como narcótico, por Horace Wells a principios do século XIX, logo de ter asistido a sesións de risoterapia nas feiras da época. Provoca alucinacións e un estado de euforia, motivo polo cal é utilizado por algúns (Non é o meu caso, ainda!!) coma droga lúdica. Para aqueles atrevidos, decirvos que é unha sustancia PERIGOSA, que non debe ser administrada en bruto, sempre mesturada nunha proporción dun 30% con Oxíxeno. Ollo, mal utilizada pódete enviar pro outro barrio.
Resultado da aventura: John foi atopado xunto cos compinches, inconsciente e tirado no chan dunha das habitacións da residencia de médicos xunto coas bombonas de gases ás 3 tarde do día seguinte.
En fin, coma diría Toshack, NO COMMENT!!
Reflexión esta que me fai lembrar, que as mezclas mal feitas nunca che foron boas. E se non que llo pregunten ó profesor F.Arrabal naquel famoso programa de Sanchez Dragó, no que a posteriori, se defendería das seguintes imaxes afirmando que mesturara unhas pastillas antidepresivas con alcohol. Resultado; o que sigue: Lembrades?...."Hablemos de minerialismo....."
Para información de persoal, decir que John segue vivo, e nós tamén. Parabéns!!. Seguimos de sorte. Bicos A todas/os. En breve, Mais....SALUD!!!
domingo, marzo 04, 2007
Domingo Dominguero
Para que un Domingo sexa Dominguero, téñense que cumplir unha serie de parámetros de obrigado cumprimento. Un deles é ter resaca ou no seu defecto, ter que ir a traballar, como foi o meu caso. O segundo, tamén de obrigado cumprimento, é seguir a xornada de futbol coa merecida atención. No meu caso, como moitos de vos xa sabedes, o R.C Deportivo ocupa boa parte das neuronas que me quedan libres. Xa sabedes, ninguén é perfecto!!.
Pero non vamos caer no erro neste blogue, de facer do fútbol un dos temas recurrentes cada semana. Aló menos, non mentras os que moven os fíos nesta sociedade sigan aproveitándose deste ou de calquera outro deporte para borrar da retina outros problemas sociais que sí merecerían outro tipo de análise e debate social. Os medios de manipulación..Perdón..de Comunicación..terán que explicarnos moitas cousas algún dia.
E que mellor que esta entrada futboleira, para colgar este video de producción propia no que mesturei (estaba a probar o programa de edición de video) unha selección de imaxes de fútbol cun tema de System of a down recén estreado por aquel entonces. É curioso ver como se mestura unha canción con letra ben comprometida que fala de pobres e guerras (Why do they always send the poor?), con imaxes que mostran un mundo de ricos non comprometidos con causas desta índole. Claro exemplo de desequilibrio social. Que mal repartido está o mundo!!
Con resaca ou sen ela, con ou sen neuronas, con traballo ou sen el...Seguimos vivos xente. Parabéns¡
XIRAMUNDO: NOVIDADES
Temos novidades na sección xiramundo. E non son malas novas, porque dende o vindeiro dia 27, a compañía aérea Irlandesa Aer Lingus operará dous voos semanais entre Santiago de Compostela e Dublín.
Lavacolla será o decimocuarto destino de Aer Lingus en España, que prevé poñer á venda 20.000 plazas para os voos entre esta terminal galega e Dublín ata o vindeiro mes de Outono.
Para que vos vaiades planificando, os voos terán saida e chegada os Martes e os Sábados e o prezo, mercando coa suficiente antelación, rondará os 80-120 euros por persoa ida e volta, ainda que nas primeiras xornadas a compañía ofrecerá tarifas ainda mais baixas. Case case costa mais o Alsa de Melide a Bilbao. Así que xa sabedes. Pajaritos a vooolar!!
Por suposto, dende Lia a dia, non nos queda mais remedio que recomendar encarecidamente esta escapada a Dublín, da que de seguro non haberedes desperdiciar nin un so minuto durante a vosa estancia. Nós estivemos por alá o pasado mes de Outono, voando dende Bristol a Belsfast, capital de Irlanda do norte, e alugando logo un coche para visitar o resto da illa, incluindo claro está, Dublín. Foi unha viaxe curiosa e a que lle tiña moitas ganas por poder apreciar a diferencia entre unha illa e outra, e por poder entender dunha vez por todas que carallo se cocía por alá políticamente.E certamente tenche moita historia todo aquelo, e moitísimo por descubrir. Pero mellor descubrilo por un mesmo. Animádevos!!
E se ti eres dos que pasa da política coma da merda, tan só necesitarei unha palabra para convencerte; GUINNESS.
Un bicazo a todos Xentalla!!Ondequeira que estedes..Seguimos VIVOS!!
viernes, marzo 02, 2007
LIBERTAAAD.....!!!!
Os amantes da liberdade estamos de noraboa. O Congreso dos diputados, co voto en contra dos de sempre (eso que tiñan libertad de decisión por parte da executiva do Partido)aprobou por fin a lei de identidade de xénero, que permite a persoas transexuiais cambiar de nome e de identidade, sen coste algún pola tramitación deses documentos. Ademais a nova lei axiliza os trámites a estas persoas e non será preciso ter que pasar por quirófano. Eso sí, os solicitantes deberán solicitar a emisión dun novo D.N.I ainda que conservando o mesmo número. Con sorte, porase fin a situacións nas que unha maquillada e taconeada "Eliana furia" teña que pasar os controis de documentación, dun aeroporto por exemplo, coma "Pedro Jorge Rodrígues".
Así que mira;..paseniño, paseniño, vanse abrindo mais camiños de Libertade de elección, de igualdade, e de integración de todo o mundo sen importar raza, clase, credo, nin por suposto, condición sexual!!Por iso... todos, e como non, TODAS, estamos de noraboa!!
E falando de libertade, o outro dia, ollando o blog de PePetrola de Sobrado leín unha crítica deste blogueiro á persoa de Mel Gibson, coa que coincido en boa parte, mais tamén estamos Pepetrola e Eu dacordo noutro punto, Braveheart. Este filme salva un pouco o pelexo do fanático Mel. Ou non vos parece???. Lembrade!! FREEEEEEEEEDOM............
Bicos xente. Seguimos vivos!!
jueves, marzo 01, 2007
CEFERINO... CEFERINO...!!!!
Teño un compañeiro de traballo Filipino que se chama Ceferino Ronato, e que é a alegria dos meus aburridos turnos. É sinceiro coma a vida misma. Pero dende o meu ponto de vista ten un pequeno defectiño, está obsesionado coas marcas de roupa e zapatos mais coñecidas comercialmente. Penique que gaña, pequine que ghasta en roupa e en botíns tipo Lebron James ou os míticos Jordan. Para que vos fagades unha idea o 5-10% do que gaña vai invertido en tabaco mentolado, e o 55-65% restante en roupas de deporte e botíns de basket, que é o deporte rei no seu Pais, Filipinas.
Pero tranquilos, porque "xa lle din eu unhes consellos" e esperemos que empece a razonar e a cambiar de actitude e pase a gastar o 55-65% en tabaco e entre o 5-10% en roupas. En breve colgarei unha foto do susodito rapáz para presentalo en sociedade, que ben o merece.
A miña actitude con respecto ó tema en cuestion vai mais encamiñada hacia unha filosofia LEO BASSI. ¿Lembrádesvos deste fenómeno social, verdade??...Este home promulga a idea coa que estou 100% de acordo, que afirma que se as marcas queren que utilicemos os seus logotipos e emblemas comerciais, débennos remunerar dalgunha maneira, ou polo contrario, deberemos desfacernos de todo tipo de etiquetas e logos na roupa. Pronto seguiremos a tratar o asunto en profundidade, xa que o tema abre un complexo foro de debate que será estudiado en vindeiras xornadas. Mentres, desfrutade cun video lembranza para non esquecer a individuos como o Profesor Bassi.
Leo, el tiempo te dará la razón!!..Que gran Home¡¡¡¡¡¡
BICOS XENTE, seguimos vivos...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)