sábado, marzo 07, 2009

Tunguska

Farto xá de tanta trapallada política, pégome unha voltiña polas páxinas de novas de sociedade, e me atopo cunha historia desas que te deixan pensando un anaquiño, e que che fan tamén cavilar no que realmente importa na vida, porque todo pode cambiar en menos dun segundo. E non é por ser catastrofistas, pero a realidade é a realidade:

Un meteorito de entre 21 e 47 metros de diámetro, e coa forza dun milleiro de bombas atómicas, pasou rozando a Terra o pasado Martes, segundo deu a coñecer a Sociedade Planetaria xunto coa NASA.
"Este tipo de sucesos acontecen cada poucos meses, sen embargo este pasou mais perto que a maioría" informaron dende o Harvard-Smithsonian Center.

Ás 7:44 horas do pasado Luns, o obxeto estivo no ponto mais perto da Terra, 70.000 kilómetros, que é unha quinta parte da distancia entre o planeta e a Lúa.
O meteoro, bautizado coma 2009 DD45, foi avistado por vez primera o pasado 28 de Febreiro polo científico Rob McNaught, no observatorio Siding Spring de Australia. Tan só foi visible dende China, Xapón, Australia e o pacífico asiático.


Non perdades este video no que se pode observar o desplazamento do 2009 DD45 dende as lonxanas terras australianas; Canberra. A ver si o vedes.

Parece inocente verdade?

Pois non vos vaides a pensar, sin pretender caer nun rancio Brucewillismo, o certo é que o asteroide 2009 DD45 pasounos realmente rozando a unha distancia moi perigosa e sin tempo de reacción. Ollade a seguinte representación que pon as cousas un pouco mais claras. Arrepiante.






Este fenómeno, non pode mais que lembrarnos e levarnos ó afamado e coñecido por todos coma "Evento de Tunguska", do que veñen de cumplirse 100 anos no pasado Verán do 2008.Na mañanciña do día 30 de Xuño de 1908, na rexión siberiana de Tunguska, ocorreu unha xigantesca explosión que superou en 2000 veces a bomba atómica de hiroshima. Esta explosión, destruiu árbores de distintos tamaños nunha extensión de mais de 2000 Km cadrados e produxo unha onda sísmica que foi detectada en sitios tan alonxados coma San Petersburgo ou San Francisco, rachando fiestras e facendo caer a xente ao chan a 400 Km de distancia.

Posterior á explosión, ocorreron as denominadas "noites brancas". Por mais dunha semán, as noites luciron especialmente brilantes. En lugares tan arredados da zona do acontecemento coma Londres, reportáronse luces no ceo, que incluso permitían ler durante a noite sin axuda de luz artificial algunha.
Similares noites foron reportadas despois da erupción do volcán Krakatoa en 1883.
Se chegase a estoupar sobre unha zona habitada, provocaría un masacre de enormes dimensións. Segundo testemuñas da poboación tungúa (a etnia local) que o viu caer, "brilaba coma o Sol".
Impresionante. Se te atreves co inglés olla este video.
Case un século despois ocorrería non moi lonxe do lugar o evento de Vitim, menos espectacular pero aínda máis estraño.
Estadísticamente, este tipo de fenómenos poden ocorrir cada 100 anos. Malo será pois que mo perda...


En fin, que a pesar da desconexión no blog, hoxe mais que nunca podemos seguir celebrando aquelo de que...."Seguimos Vivos"
Unha aperta cariñosa a tod@s.
SALUD

domingo, enero 18, 2009

Zeitgeistcismo

Ó fío da anterior entrada, na que Pérez Reverte facía unha atinada visión económica futurista, véuseme á cabeza unha película que fai uns días me recomendara meu irmao e da que procedo a cortar e pegar o seguinte video, que resulta coma pouco, curioso, ou coma diría amiguete, "vale pa ver".
Ademais dase a casualidade de que me enterei que onte á noite foi emitida pola segunda cadena da Televisión Española, creo que no mítico programa "Versión Española"..¿Alguén a viu?.

E lembrade...Todo é unha broma (Sobre todo para os que se ríen de nós, mais tedes que saber, bastardos, que iso non vos vai durar toda a vida.)




E non podo desaproveitar a oportunidade que me brinda outro post "económico" para facer un pouco de "militancia". ¿Quen se lembra xa de Zeitgeist?. Recoméndovos unha vez mais este famoso documental sen ánimo de lucro e realizado no, xa lonxano, 2007. A recomendación xira de xeito especial, en torno á terceira e derradeira parte do documental, a que analiza a historia da economía moderna, aínda que as outras dúas tampouco teñen desperdicio, relixión e terrorismo internacional.

Conspirade conmigo compañeir@s.



SALUD!

martes, enero 13, 2009

Arturito Visionario

Nunca che fun eu moi devoto do Sr. Pérez Reverte, mais despois de ler o outro día un dos seus afamados artigos de opinión publicado en "El Semanal" aló polo 15 de Novembro de 1998, non podo mais que, alomenos, otorgarlle a iste polémico e multidisciplinar persoeiro da cultura española, o calificativo de meigo visionario. Impresionante a analise futurista do sistema económico global, que hoxendía resulta tan recurrente en calqueira foro de opinión que se prece. Daquela non o era tanto...

Os meus parabéns polo tanto para D.Arturo, pola súa valentía e grosería expoñendo de maneira rotunda os faios deste sistema perverso en épocas de vacas gordas, que é precisamente cando menos se atreve a prensa a chamarlle ás cousas polo seu "puto" nome.


------------------------------------------------


Vostede non o sabe, mais depende deles, vostede non os coñece nin os vai cruzar na súa vida, mais esos fillos da gran puta teñen nas súas mans, na axenda electrónica, na tecla intro da súa computadora, o seu futuro e o dos seus fillos. Vostede non sabe que cara teñen, pero son eles os que o van enviar ó paro no nome dun tres ponto sete, ou un índice de probabilidade do cero coma cero catro.

Vostede non ten nada que ver con ises fulanos porque é empregado dunha ferretería ou caixeira no Gadis, e eles estudaron en Harvard e fixeron un máster en Tokio, ou ó revés, van polas mañáns á Bolsa de Madrid ou á de Wall Street, e din en Inglés cousas coma long-term capital management, e falan de fondos de alto risco, de acordos multilaterais de inversión e de neoliberalismo económico salvaxe, coma quen comenta o partido do Domingo.

Vostede non os coñece nin en pintura, mais eses conductores suicidas que circulan a douscentos por hora nun furgón cargadiño de cartos vano atropelar o día menos pensado, e nin sequera lle quedará o consolo de ir na cadeira de rodas cunha recortada a voarlles os collós, porque non teñen rostro público, a pesares de ser reputados analistas, tabeiróns das finanzas, prestixiosos expertos cos cartos de outros.

Tan expertos que sempre terminan por facelo seu. Porque sempre gañan eles, cando gañan, e nunca perden eles, cando perden.
Non xeran riqueza, senon que especulan. Lanzan ó mundo combinacións fastuosas de economía financieira que nada teñen que ver coa economía productiva. Alzan castelos de naipes e garántenos con espellismos e con fume, e os poderosos da Terra perden o cú por darlles coba e subirse ó carro.


Isto non pode faiar, din...Eiquí ninguén vai perder. O risco é mínimo. Aválanos premios Nobel de economía, xornalistas financieiros de prestixio, grupos internacionais con siglas de recoñecido prestixio.

E entón o presidente do banco transeuropeu tal, e o presidente da Unión de bancos Helvéticos, e o capitostio do banco latinoamericano, e o consorcio euroasiático, e a nai que os pariu a todos, embárcanse con ledicia na aventura, métenlle viruta por un tubo, e logo séntanse a agardar ese pelotazo que os vai a forrar ainda mais a todos eles e ós seus representados.
E en canto sae ben a primeira operación xa están a arriscar mais na segunda, que o choio é o choio, e xurros dun tropecentos por cento non se atopan tódolos días. E ainda que ise espellismo especulador nada ten que ver coa economía real, coa vida de cada día da xente na rúa, todo é euforia, e palmadiñas no lombo, e ata entidades bancarias oficiais comprometen as súas reservas de divisas. E isto, señores, é un choiazo.


E de súpeto resulta que NON.
De súpeto resulta que o invento tiña os seus faios, e que o de alto risco non era unha frase sinon exactamente iso: Alto Risco de verdade.
E daquela todo o tinglado vaise tomar polo saco. E isos fondos especiais, perigosos, que cada vez teñen mais peso na economía mundial, amosan o seu lado escuro. E entón, Oh, Prodixio!, mentres que os beneficios eran para os tabeiróns que controlaban o cotarro e para os que estaban a especular cos cartiños de outros, resulta que as perdas, non.

As perdas, a trabada financieira, o pago dos erros deses “pijolandios” que xogan coa economía internacional coma se estivesen a xogar ó monopoly, recaen directamente sobre o lombo de todos nós.
Entón resulta que mentres o beneficio era privado, os erros son colectivos, e as perdas hai que socializalas, acudindo con medidas de emerxencía e con fondos de salvación para evitar efectos dominó e conachadas da Bernarda... E isa solidariedade, imprescindíbel para salvar a estabilidade mundial, págaa co seu pelexo, cos seus aforros, e as veces ata co seu posto de traballo, Mariano Pérez Sánchez, de profesión empregado de comercio, e os millóns de infelices Marianos que ó longo e ancho do mundo se erguen cada día ás seis da mañán para gañarse a vida.


Iso é o que esta por vir, témome. Ninguén perdoará un peso da débeda externa de paises pobres, mais nunca faltarán fondos para tapar buratos de especuladores e canaias que xogan á ruleta rusa na cabeza allea. Así que xa podemos ir amarrándonos os machos. Ise é o panorama que os amos da economía mundial nos deparan, co conto de tanto neoliberalismo económico e tanta merda, de tanta especulación e de tan pouca vergoña.

Arrepiante!!!
Artigo do escritor español Arturo Pérez-Reverte, publicado en “El Semanal” o 15 de Novembro de 1998.
Traducido ó galego por Fiz


Outro que tamén era visionario, era o Sabio Garea:
"Estache o conto jodido, e ainda vai estar peor...", afirmaba insistentemente.
Pena que él xa no este vivo para "desfrutar" da súa visión atinada do futuro. De Él me lembro eu hoxe, coma tantas veces...