A Gonadotropina Coriónica Humana é unha glucoproteína sintetizada nas células da placenta de mulleres preñadas. Actualmente denomínaselle HCG pola sigla do seu nome en inglés; Human Chorionic Gonadotropin. Dende que foi descuberta en 1930 por un tal Collins, vense aplicando no desenrolo de probas de diagnóstico de embarazos; dende a inxección de ouriños en sapos macho Bufo Arenarium, ata os sinxelos e rápidos tests caseiros de hoxendia.
Pois ben, unha destas sinxelas e rápidas probas conseguidas de estraperlo gracias a Mónica no Hospital R.U.H (podo prometer e prometo que non maltratei a ningún sapo) detectou a finais do pasado mes de Xullo, para ledicia deste servidor, a presencia nos ouriños de Rebeca dunha desorbitada cantidade desta maravillosa glucoproteina que confirmaba a implantación para posterior alumeamento, se todo sae ben, d@ que será @ nos@ segundo fill@ alá polos albores do vindeiro més de Marzo do ano que entra 2008. É Sinxelo: Ácido fólico, moito amor, unha mexadiña na proba, palito(/ /)palito e a túa vida cambia para sempre.
A deshonra non é ter un fillo; a deshonra é non saber crialo para ben. (CASTELAO)
O pasado día 16, festividade de San Roque, e aproveitando a presencia en Melide de boa parte da familia, comunicabamos esta boa nova á nosa xente, con reaccións de todo tipo. Hoxe, e pedindo desculpas de antemao polo retraso, tócanos facervos partícipes a vós desta maravillosa nova e analizar como reaccionades ainda que moitos non vos extrañaredes xa que en anteriores entradas xa se vos informaba de novidades e novos fichaxes na próxima campaña de Outono en Lia a Dia. En breve seguirei informando polo miudo, mais xa vos podo anticipar que, se as cousas descorren por roteiros de normalidade, esta nova miragre que ven de camiño nacerá como a súa predecesora en terras Herculinas e que a nai se acollerá á súa merecida baixa de maternidade que por estas terras Británicas pode alongarse ata os 12 meses de duración.
Para o pai, logo do parto otórganse 15 días de baixa pagada, ainda que eu non me poderei acoller a ela porque estarei acompañando a Rebe e a Lia "case"todo o tempo da baixa. Vaia....Que ou deixo o choio ou pido unha escedencia. Xa se verá.

O que si que vos podo decir é que @ protagonista desta entrada xa conta con 9 semanas de vida e que xa vai camiño dos 3 cm de alto. Unha vez analizada a primeira ecografía dedúcese que todo se esta a desenrolar de xeito normal e que a xa experimentada nai está a levar este primeiro trimestre con total normalidade e tranquilidade. En canto o pai asimile que XA ten unha filla contareivos como leva o da segunda.
Non ten polo de agora nin nome nin sexo pero admítense suxerencias e apostas. Para aqueles que se animen a dar ideas no nome lembrar que deberá cumprir as 3 premisas fundamentais; Non repetirse na familia, ser o mais curto posible e ser fácilmente pronunciable en calquera idioma. Nin que decir ten, que de bo grado se aceptan donacións xa sexan en metálico(todo tipo de divisas aceptadas, cheques, ingreso c/c, Paypal etc) ou ben donacións de bens tanxibles(chourizos, aceite de Oliva, tabaco, aceitunas Jolca, viño, pipas facundo etc).
Para rematar, decirlle a Rebeca que pase o que pase sempre lle estarei agradecido por agasallarme coa maravillosa experencia de converterme en Pai dos seus fillos, pola súa confianza sen burocracias, pola súa sinceridade, pola súa paciencia infinita, pola súa mentalidade sen trabas, pola súa Paz, pola súa tarxeta do Natwest e por apoiarme cegamente en todo canto proxecto me plantexo na vida de xeito unilateral e egocéntrico, e desexar que poidamos seguir celebrando xuntos e por moitos anos aquelo de "Seguimos vivos".En resumo; GRACIAS POR QUERERME. Non te merezo.
Ánimo Rula. Todo vai sair ben.

.jpg)

