viernes, julio 27, 2007

Aniversario

O 27 de Xullo é o bicentésimo octavo (208º) día do ano no Calendario Gregoriano e número 209 nos anos bisiestos. Quedan 157 días para finaliza-lo ano.
Fai hoxe exactamente 29 anos que o congreso dos deputados español aprobou as leises antiterroristas e da Policia.

Mais sin querer restarlle importancia a tan importante efeméride, ademais de iso, este que suscribe viña ó mundo nesta data, con moita presa, xa que de non ser polo Tio David (Donde esté un Estany...) tería nacido nas escaleiras do portal da que daquela era a residencia oficial dos meus pais na rúa Pepín Rivero da Coruña. Pero finalmente, e coa sorte que me caracteriza, din chegado a tempo á sala de partos do Hospital Modelo da Coruña. A Pena foi que a pesares de ter nacido neste centro, nunca cheguei a ser un neno modélico. Iso si, a conciencia está tranquila, e a esperanza intacta, que non é pouco. Non todos poden deci-lo mesmo.

Pero sen recurrir a un excesivo Narcisismo, hoxe tócame lembrarme un pouco dos demais, porque coincido no meu aniversario con outras cantas persoas das que dende este recuncho me quero lembrar.

O Primeiro é o archiconocido por todos nós Marcus, que tamén cumpre anos hoxe e o que xa felicitei persoalmente no seu Blogue.

O Segundo é Alfredo do Corullón, tamén coñecido por moitos como Alfredito de Furelos, a quen tamén puiden felicitar via SMS.

O terceiro é Carlos Castro Fraga, que ademais de Veciño en Melide, é amigo. Actualmente residente en Barcelona pero ó que tamén, e gracias á tecnoloxía SMS puiden felicitar esta mesma mañán.

Pero aproveitando este espazo público, quere reincidir na felicitación e desexarlle a todos eles a mellor sorte do mundo con moita SAUDE agardando velos a todos en persoa para trasmitir a felicitación cara a cara, que é coma se fan as cousas.

E xa postos e para que non se sintan despreciados en caso de que cheguen a ler este comentario (nunca se sabe...) aproveito para extender a miña felicitación a:

- Manuel Vázquez Montalván
- José Luis Chilavert.
- Sasha Mitchell
- Julian McMahon
- Maria Grazia Cucinotta
- Alex Rodrígez
- Allan Davis

E antes de que mo preguntedes infórmovos de que o vou celebrar por todo o alto indo a traballar en menos de unha hora ata as doce da noite (por aquelo de aproveitar ben tan especial día) e levando ó aeroporto á miña familia que me abandona vilmente na soedade deste chuvioso país chamado....Bueno deixemos o de este pais para outra entrada....

PARABÉNS PARA TODAS E TODOS. Hoxe mais que nunca podo decir cheo de orguio e satisfacción aquelo de:
SEGUIMOS VIVOS.

SALUD COMPAÑEIROS/AS. De hoxe nun ano.

viernes, julio 20, 2007

Cousas do 7sete7


Por estricta petición de Irene e logo de terllo prometido, abrimo-la entrada de hoxe con esta foto con reclamo erótico-festivo na que se pode ver un "shorbo" en todo o seu flácido esplendor e coa que agardo que disfrute Irene e lle serva como reclamo para seguiren ahí día a día. A ela e a tódalas rapazas que vos pasades por aqui de vez en cando. Que sodes poucas e temos que mimarvos.


En canto a vós rapaces, testosteronizados compañeiros e seguidores habituais deste espazo, remítovos de novo á entrada anterior do 12 de Xullo con ese fermoso desnudo, ou no seu defecto, á páxina 3 do Sun.

Para aqueles que non se atopen en ningún dos dous grupos anteriores aquí vos queda esta fermosa foto deste curioso pemento coa que, co grado de imaxinación axeitado, te podería levar a onde quixeras e con quen quixeras. Vivide da Horta.

Sexa como sexa, desfrutade da vida.


-------------------------------------------------------------------------------------

No blog de Vanessa veño de poñer un comentario no se que se falaba da diferencia cultural entre pobos, o que me fixo lembrar que tiña un video na recámara tubeira de liadia dende fai tempo que quería amosarvos.

Agora que estamos neste sétimo mes de Xullo onde se tende ós excesos, aproveito para decir que me sinto moi orguioso de pertencer a miña cultura e de como nos divertimos.
Sabede tamén que se vos bota a todas/os moito de menos.
Outros non poden deci-lo mesmo.



Un de estes simpáticos adolescentes non sei eu se poderá afirmar aquelo de "Seguimos vivos". Nós si.
Saudos dende a cultura da gaita á cultura do Jackass. Que vos vaia bonito. Sode-lo peor. (The last según chávez, lembrades?)

sábado, julio 14, 2007

Militancia

Levamos xa unhas cantas xornadas o Doutor Coche e eu intercambiando informacións, fotos, vivencias e lembranzas de algo que a ámbolos dous nos toca a fibra. A serra do Caurel, ou coma diría o poeta Uxío; O templo máis vasto.

Así que, sendo precisamente este tema un dos que me quedara no tinteiro o pasado mes e coma me dixo aquel día Coltrane falando das orquestras e dos canons da S.G.A.E, hoxe toca militancia.

Dende a Plataforma ecolóxica S.O.S Caurel e co apoio de moitas persoas anónimas e de asociacións ecoloxistas coma ADEGA, estase a levar a cabo unha campaña de concienciación social para axudarnos a entender a importancia da protección dun espazo tan rico na súa biodiversidade e importante como é Caurel. A campaña está a centrar os seus esforzos, entre outras cousas, na recollida de sinaturas para seren enviadas antes do 21 de Xullo ás autoridades competentes da Chupa de Galicia. Así que aqueles que ainda non asinástedes ainda estades a tempo. O Modelo de recollida de sinaturas podédelo atopar na páxina de ADEGA, premendo no título desta entrada ou pedíndomo por correo electrónico.
E básicamente o que solicita a plataforma S.O.S Caurel é o seguinte:

A Xunta de Galicia, na mesma liña que o anterior Goberno, vai declarar xa, unha miniatura de Parque Natural no Courel, só a efectos propagandísticos, para disimular a inminente autorización, de catro novas macrocanteiras no Lor e Ferreririño, cando no Courel xa hai máis de unha ducia delas.

Por iso nós, a “Asociación Ecolóxico-Cultural SOS Courel”, veciñ@s do concello de Folgoso Courel, pedimos axuda urxente para que a Xunta de Galicia declare Parque Natural ó Caurel de inmediato; incluíndo dentro, como mínimo, as cuncas íntegras dos ríos Lor e Louzara, Selmo, Soldón e Ferreiriño; e que se libre ó territorio conformado por todas elas, de todo tipo de impactos e concesións incompatibles, como canteiras, parques eólicos, centrais hidroeléctricas, vertedoiros etc.

O territorio que nós esiximos como Parque Natural, supón alomenos un 1/3 da Serra Courelá. A proposta que fai a Xunta de Galicia é de menos de 1/7 do conxunto montañoso. Esta proposta é un completo timo, deixa fóra lugares tan emblemáticos como Froxán, Vilar, Vilamor, Santa Eufemia, Campodola..... A metade sur da cunca do Lor, chea de canteiras, impactará de forma grave sobre a metade norte. Téñase en conta a disposición totalmente rectilínea do Canón do Lor, o camiño natural e fiestra entre os Ancares e a Ribeira Sacra.




Agardemos chegar vivos e a tempo para evitar outra catástrofe e ser capaces de parar esta desfeita, camuflada detrás do manexo hipócrita e propagandístico da Rede Natura e da eterna promesa tranquilizadora dun Parque Natural, que chegará tarde e con mil recortes, sen cartos, esquivando “intereses poderosos”, reducido a “un debuxo nun plano” e anunciado nun “folleto” dun despacho de Santiago con fermosas fotos de Turgalicia na parede.
Despois virán as lamentacións, as manifestacións e de novo as bandeiras de Nunca Mais....
Outra vez "Mais".
E xa van non sei cantas....


"Irei un día do Caurel a Compostela por terras Liberadas".
UXIO NOVO NEIRA
Parada de Caurel 1930
Santiago compostela 1999
IN MEMORIAM

jueves, julio 12, 2007

Xullo

Saudos Xentalla. Desculpade o retraso editorial deste voso espazo pero a vida tórnase mais complicada cada día e conseguer atopar un intre para adicarlle ó lecer é complicadiño. E case sen darnos nen conta, aquí estamos xa. En XULLO.

Xullo é o sétimo mes do ano no Calendario Gregoriano e ten 31 días. O seu nome proven do emperador romano Xulio César (Iulius Caesar, en latín). En galego tamén recibe o nome de Sega por ser o mes no que se realizaba esta laboura.
Xullo, ademais de conmemorar as independencias de Arxentina, Francia, Colombia, Perú e... de cal me esquezo...Ah Si...Tamén dos estados podridos, é o meu mes por excelencia. Verán, calor, festivais, mítica churrascada do apóstolo, o meu aniversario, algún dia de praia, rio, camping, Melide, floración, música ao vivo, Caurel, cervexa fría.
Pero polo que vexo á vista do pouco movemento no blogomillo, non é so para min. A xente anda bastante desconectada do mundo virtual para pasar directamente a desfrutar do mundo real. Así me gusta compañeir@s.

Eu recurro o erotismo en plan páxina 3 do diario "Sun" (Pero con clase) para chamar a vosa atención tentando atraer as vosas visitas. Que está a cousa moi mal últimamente a pesar da promoción.
Durante o que resta de mes tentarei facer limpeza no meu cartafol "Liadia" para dar saída a uns cantos arquivos que teño medio aparcadados dende fai un tempo e que me apetece compartir con vós pero antes diso, quixera facer unha homenaxe a aqueles que seguides ahí a pesar das datas de Verán, e sobre todo a aqueles que participastes na anterior entrada e derradeira do més de Xuño co debate coloquio que mantivemos sobre Slipknot e Stone sour con Mr.Corey como prota.





Mais este ano, para min este mes está a ser simplemente un mais. Un pouco triste. Outro que pasa ó meu carón coa vista gacha e case sen saudar. E o clima non colabora. Ter que acende-la calefacción fai escasos dous días, tampouco axuda moito a subi-lo ánimo que se diga. Xa virán tempos mellores. Pero que Carallo...Seguimos vivos e fame non pasamos. Para todo lo dem`´as..Mastercard!!.

Desfrutade do mellor mes do ano. SALUD!